miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza
Activo un incendio forestal no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza

Segundo primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 100 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza. O lume iniciouse ás 17,54 horas e segundo primeiras estimacións afecta unha superficie de máis de 100 hectáreas.

Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 4 axentes, 14 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 5 avións.

Extinguido Vilariño de Conso

Por outra parte, ás 19,09 horas deuse por extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, que afectou o parque natural do Invernadeiro.

O incendio comezou ás 08,54 h. de onte, martes, e semella que foi producido por un raio. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie 0,79 hectáreas, a maior parte de monte raso. Para extinguir este lume traballaron 1 técnico, 7 axentes, 24 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. 

Comentarios
Lo más