miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Evacuado un home na Praia de Negra, en Cangas

Evacuado un home na Praia de Negra, en Cangas
Evacuado un home na Praia de Negra, en Cangas

No seu relato indicaban que o home podería estar afogado e solicitaban unha ambulancia

Un home foi evacuado esta tarde nun helicóptero medicalizado do 061-Urxencias Sanitarias despois de ser rescatado da auga na Praia de Nerga, en Cangas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, tras ser reanimado, o varón foi trasladado na aeronave ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 13:05 horas, a través dos socorristas da praia. No seu relato indicaban que o home podería estar afogado e solicitaban unha ambulancia.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local e a Protección Civil. Ademais, dende o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Comentarios
Lo más