Vinte nenos participan no pavillón de Palmeira nun curso de pilotaxe de drones
Os rapaces, con idades entre os 8 e os 16 anos, están a iniciarse no manexo destas aeronaves a través dun circuíto no que gañar habilidades
Organizado polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia e Amtega coa colaboración do Concello, vinte nenos e nenas están a participar no Centro Multiusos Alcalde Torres Colomer de Palmeira nun curso de pilotaxe de drones.
Os rapaces, con idades entre os 8 e os 16 anos, están a iniciarse no manexo destas aeronaves a través dun circuíto no que gañar habilidades.
A actividade inscríbese no programa Tech Kids de Amtega e pretende dunha forma lúdica sementar entre os asistentes a curiosidade por este aparello que ten cada día máis futuro en sectores como o mantemento de infraestruturas, as entregas a domicilio, a vixilancia de incendios ou o sector audiovisual.