miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG quere que Feijóo compareza nun pleno extraordinario sobre o accidente do Marisquiño

O BNG quere que Feijóo compareza nun pleno extraordinario sobre o accidente do Marisquiño
O BNG quere que Feijóo compareza nun pleno extraordinario sobre o accidente do Marisquiño

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón fai un chamamento ao PP para que mañá funcione o Parlamento e non utilice “o rodillo parlamentario” para vetar na reunión da Deputación Permanente crear unha comisión de investigación sobre o sinistro do Marisquiño e a comparecencia do Presidente da Xunta

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón fai un chamamento ao PP para que reflexione e non impida, mañá na reunión da Deputación permanente, a convocatoria dun pleno extraordinario no Parlamento para abordar as responsabilidades, analizar o acontecido e sobre todo crear unha comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño.

Pontón fai un chamamento á reflexión do Partido popular para permitir que mañá o Parlamento funcione e poda comparecer o Presidente da Xunta, o conselleiro de Sanidade e dar o debate sobre a creación da comisión de investigación.


Para a nacionalista, resultaría “unha falta de respecto” a todas as persoas afectadas no sinistro do festival do Marisquiño que mañá, na reunión da Deputación permanente, o Partido popular utilizara “o seu rodillo parlamentario” para ir en contra da razón despois dun accidente destas características e nun evento que contaba con todos os permisos e autorizacións. “Os responsables das administración deben dar cara e depurar as responsabilidades políticas”.

Pontón asegura que non se entendería publicamente a negativa da celebración dun pleno extraordinario para que todos os galegos e galegos teñamos a seguridade que despois deste sinistro “serán analizadas as causas, os responsables asumirán a súa responsabilidade e sobre todo, tomar decisións para que non volva a repetirse o acontecido en Vigo”.

Para o BNG, manifesta a nacionalista, resulta “vergoñento” contemplar a resposta do Partido popular e Partido socialista despois do sinistro, “máis empeñados en buscar un chibo expiatorio” que en aclarar responsabilidades”. Nunha democracia madura, concluíu Pontón, “os responsables políticos deben dar a cara” e non crear “unha realidade paralela” aproveitando as maiorías absolutas.

Comentarios
Lo más