¿Qué podemos facer en Rianxo este fin de semana?
Este xoves para pechar o ciclo de Monólogos na rúa do Verán Cultural 2018 estará Oswaldo Digón
Todavía queda verán e debido a iso as actividades non rematan. Do 30 de agosto ao sábado 1 de setembro o Concello de Rianxo invita a participar nas propostas culturais que se van a desenvolver neste fin de semana.
XOVES 30 DE AGOSTO
Este xoves para pechar o ciclo de Monólogos na rúa do Verán Cultural 2018 estará Oswaldo Digón. A proposta terá lugar ás 22:30 horas na praza de Rafael Dieste.
SÁBADO 1 DE SETEMBRO
Ás 11 horas do vindeiro sábado terá lugar na Casa do Concello de Rianxo unha charla coloquio arredor do Traslado do busto de Castelao a Rianxo. No acto contarase coa presenza de Yolanda Díaz Gallego (cofundadora do Patronato da Cultura Galega no Uruguai), Raquel García Abuín (concelleira de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Conello de Rianxo), Mónica López Rodríguez (concelleira de Cultura de Sarria) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde do Concello de Rianxo).