miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A biblioteca Ánxel Casal contará en setembro cunha ampla programación de actividades para adultos

A biblioteca Ánxel Casal contará en setembro cunha ampla programación de actividades para adultos
A biblioteca Ánxel Casal contará en setembro cunha ampla programación de actividades para adultos

Haberá clubs de lectura, exposición de pintura, mostras bibliográficas, café de idiomas, visitas guidas...

Non só en setembro chega a volta ao cole e as actividades para nenos. A biblioteca Ánxel Casal trae un programa cargado de actividades para adultos durante todo o mes de setembro. 

CLUBS DE LECTURA

O prazo de inscrición comeza o 14 de setembro. A información sobre o número de prazas vacantes, normas de inscrición, etc. estará dispoñible a partir do 6 de setembro, tanto en carteis dentro da biblioteca como na páxina web.

EXPOSICIÓN DE PINTURA

Do 10 ao 30 de setembro estará exposta no vestíbulo.

A Biblioteca cede o espazo ao pintor compostelán Plácido Amboage para que realice a exposición "Compostela" na que mediante óleo, acuarela e pintura acrílica ofrece a súa interpretación de diferentes espazos da nosa cidade: a Catedral, a Praza da Quintana...

MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS

Exposición de documentos que posúe a biblioteca relativos a estes temas propostos, completados con bibliografías e, en ocasións, con fotos e textos: "Linguas e tradución" do 10 ao 30 de setembro no 2º andar.

CAFÉ DE IDIOMAS

Proposta da biblioteca para practicar dun modo informal diferentes linguas estranxeiras. Non se esixe ningún nivel mínimo, non hai profesores e non se precisa inscrición previa. O mínimo para que funcione son 2 persoas.

De 16:30 a 17:30 h: Inglés (luns); Francés (martes); Portugués (mércores); Italiano: (xoves); Alemán (venres).

De 18:00 a 19:00 h: Catalán (luns); Euskera (martes); Árabe (mércores); Checo (xoves); Polaco (venres)

De 19:30 a 20:30 h: Chinés (luns); Xaponés (martes); Lingua de signos (mércores); Español como lingua estranxeira (xoves); Galego para non galegofalantes (venres). 

VISITAS GUIADAS

Os días 4 e 18 de setembro de 11:00 a 12:00 h e pola tarde de 17:00 a 18:00 h para coñecer a biblioteca e os seus servizos.

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Haberá unha formación de usuarios e usuarias para aprender a usar mellor a biblioteca. Será os luns e xoves de 11:00 a 12:30 h e de 17:00 a 18:30 h nas salas do 3º andar. 

As sesións do último xoves do mes están adicadas á formación de GaliciaLe. Haberá que reservar con antelación por tlf. ou na Biblioteca.

A formación de usuarios e usuarias para a biblioteca accesible: venres de 13:00 a 14:00 h nas salas de traballo do 3º andar. Hai que reservar con antelación por tlf. ou na Biblioteca.

Comentarios
Lo más