miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

"¿Cándo se iniciarán os traballos de construción dunha senda en Larañiño?"

"¿Cándo se iniciarán os traballos de construción dunha senda en Larañiño?"
"¿Cándo se iniciarán os traballos de construción dunha senda en Larañiño?"

O Goberno de Compostela Aberta leva desde novembro de 2015 pensando cándo iniciará os traballos de construción dunha senda peonil na parroquia de Larañiño", afirman dende o Partido Popular

“O Goberno de Compostela Aberta leva desde novembro de 2015 pensando cándo iniciará os traballos de construción dunha senda peonil na parroquia de Larañiño”. Para o Grupo Municipal do Partido Popular, esta situación “é inconcibible, posto que pasaron xa máis de 3 anos sen que se iniciasen a construción deste itinerario peonil a través da rúa Xunlla, na vía que desde a AC-543 que conecta co núcleo de Larañiño”.

Trátase dun treito, de 250 metros e de titularidade municipal que conecta coa residencia ‘Juan Vidán Torres’, da Asociación de Pais e Persoas con Discapacidade Intelectual de Santiago (ASPAS).

Aos Populares parécelles totalmente contraditorio que o Goberno de Martiño Noriega “venda a bombo e platillo medidas para facilitar o uso das bicicletas e esqueza algo tan esencial como a seguridade dos veciños”.

Para os Populares, esta vía sería un bo complemento á obra que levou a cabo a Xunta de Galicia na estrada que conecta Santiago e Noia, nas parroquias de Laraño e Vidán, “pero a estas alturas de lexislatura, como en moitas outras cousas, nada se sabe das xestións realizadas por Compostela Aberta para levar a cabo esta actuación e dar resposta a un problema de inseguridade viaria en dita vía”.

“Esta actuación acordouse por unanimidade, pero como xa denunciou o Grupo Municipal Popular numerosas veces, a Compostela Aberta os acordos do Pleno non lle parecen interesantes e deixa sen cumprir a maioría deles”. 

Comentarios
Lo más