Controlado o incendio do parque natural do Invernadoiro
06:30 29/08/18
06:30 29/08/18
Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 3,2 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, que afecta o parque natural do Invernadeiro, está estabilizado desde as 16,20 horas no día de onte.
O incendio comezou ás 08,54 h. desta mañá semella que producido por un raio. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 3,2 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 4 axentes, 16 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 5 avións.