miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nais e pais reclaman unha nova aulade 4º de infantil en Allariz nunha xornada lúdica

Nais e pais reclaman unha nova aulade 4º de infantil en Allariz nunha xornada lúdica
Nais e pais reclaman unha nova aulade 4º de infantil en Allariz nunha xornada lúdica

Os proxenitores dos alumnos de tres anos veñen esixindo a Educación que reconsidere a súa postura, na que contempla introducir a todos os nenos en dúas aulas soamentes

Este mércores día 29 de agosto a partir das 19.00 horas, terá lugar un novo acto reivindicativo en Allariz. As nais e pais do colexio de Allariz organizan esta semana unha tarde de esparcemento con xogos tradicionais, merenda e as actuacións de Leo Arremecághona e Peter Punk.

Deste xeito lúdico e de participación aberta, as nais e pais dos nenos de Infantil do Colexio Padre Feijoó de Allariz reivindicarán de novo á Consellería de Educación a necesidade de contar cun aula máis para o cuarto curso de Educación Infantil da vila contando co apoio da ANPA, o claustro de mestres do centro, representantes do Concello de Allariz e a actuación desinteresada dos artistas Leo Arremecághona e Peter Punk.

Os proxenitores dos alumnos de tres anos veñen esixindo a Educación que reconsidere a súa postura, na que contempla introducir a todos os nenos en dúas aulas soamentes, e que opte por abrir unha terceira aula que atenda a necesidades dos 51 nenos matriculados na actualidade e que, deste xeito, se cumpra a ratio máxima permitida pola lei que establece un máximo de 25 alumnos por aula e mestre.

A ANPA do centro atópase agora á espera dunha resposta á solicitude de reunión realizada a pasada semana á Delegación Territorial de Educación na que plantexaban un encontro para o próximo día 3 de setembro onde “pretendemos achegar posturas”, din os pais. “Tan só desexamos que se proporcione a mellor das solucións para os 51 nenos matriculados” conclúen.

Comentarios
Lo más