miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Novo minuto de silencio en contra da violencia machistas

Novo minuto de silencio en contra da violencia machistas
Novo minuto de silencio en contra da violencia machistas

Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015

A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima en Orihuela (Alicante).

Integrantes da Corporación e empregados municipais participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada. 

Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. 

Comentarios
Lo más