miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Touro contará cunha ruta de cicloturistas de reconocido prestixio internacional

Touro contará cunha ruta de cicloturistas de reconocido prestixio internacional
Touro contará cunha ruta de cicloturistas de reconocido prestixio internacional

A marea de Touro considera que esta é unha oportunidade de desenvolvemento única, e que debe ser prioritaria fronte outros proxectos incompatibles como o da mina

Touro será parte da ruta cicloturista EuroVelo 3. A marca EuroVelo, de recoñecido prestixio internacional, conta actualmente con 14 rutas que discorren por diferentes países europeos; a EuroVelo 3 parte de Noruega e ten como destino Compostela, pasando por Touro.

Este mes de agosto publicouse a licitación dos traballos de sinalización da ruta, despois de diversos estudos previos e comprobacións de que o trazado cumpre cos requisitos mínimos da Federación Europea de Ciclistas, tales como anchura de vías ou estado do pavimento.

Esta ruta segue o Camiño Francés e en Arzúa continúa por Touro cara Compostela.

Impacto económico na comarca

Diferentes estudos acreditan o importante retorno económico que supoñen estas rutas nas localidades por onde pasan, cun gasto medio de 57 euros por persoa e día; cifra superior á media xeral do turismo. En Marea Touro considera que esta ruta é unha oportunidade de vitalización económica e social moi interesante para a localidade, unha actividade sostible e duradeira; polo que apelan á responsabilidade política e social, sobre todo en materia de medio ambiente e conservación do patrimonio.

Así, En Marea considera imprescindible unha aposta clara pola conservación do medio ambiente e do patrimonio; resultando incompatibles as actividades agresivas ao medio coma o proxecto de megaminería actualmente en fase de tramitación.

Incompatibilidade co proxecto de apertura da mina

Se xa actualmente o proxecto de apertura da mina de Touro conta con diversos informes sectoriais preceptivos desfavorables debido ao seu impacto negativo sobre o medio ambiente, agora contraponse á oportunidade socioeconómica que ofrece a EuroVelo3 para Touro. Deste xeito En Marea Touro insta ao goberno local a que abandone a súa connivencia coas agresións ambientais nos terreos mineiros e ao tempo rexeite calquera proxecto de ampliación da mina. 

Comentarios
Lo más