Activo un novo incendio no parque natural do Invernadoiro
11:07 28/08/18
11:07 28/08/18
O incendio comezou ás 08,54 h. desta mañá parece que producido por un raio
A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, que afecta o parque natural do Invernadeiro.
O incendio comezou ás 08,54 h. desta mañá parece que producido por un raio. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 3,2 hectáreas. No lugar traballan 1 técnico, 2 axentes, 10 brigadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e 2 avións.