miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Incendio nun serradoiro en Santo André de Penosiños (Ourense)

Incendio nun serradoiro en Santo André de Penosiños (Ourense)
Incendio nun serradoiro en Santo André de Penosiños (Ourense)

Eran case as 06:00 horas desta mañá cando un particular alertaba ao 112 Galicia dun serradoiro ardendo na súa totalidade

En Ourense un lume nun serradoiro situado en Vilavidal, en Santo André de Penosiños, calcinou un caseto de madeira por completo. 

Así, o relataron os Bombeiros ao 112 Galicia cando comunicaron o remate da extinción do lume. Ademais, indicaron que un raio puido ser a causa que orixinou o lume, ao estar o pobo sen luz durante toda a noite debido ás treboadas.

Eran case as 06:00 horas desta mañá cando un particular alertaba ao 112 Galicia dun serradoiro ardendo na súa totalidade e, a partir de aí, os xestores do CIAE pasaron aviso axiña aos Bombeiros de Celanova e á Garda Civil. 

Así mesmo, solicitaron a colaboración dos efectivos de Protección Civil e informaron ao servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Comentarios
Lo más