Extinguido o último dos incendios no parque natural do Invernadoiro
06:30 28/08/18
06:30 28/08/18
Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 99,16 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio que permanecía controlado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, dentro do parque natural do Invernadoiro.
O lume comezou ás 16,10 h. da tarde do mércores 22 e quedou completamente extinguidon hoxe ás 21,27 h. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 99,16 hectáreas, 70,16 de monte raso e outras 29 de arborado. Neste incendio traballaron 4 técnicos, 29 axentes, 79 brigadas, 33 motobombas, 5 pas, 16 helicópteros e 5 avións.