miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

ABAS acusa ao Goberno local de Ribeira de cometer irregularidades na concesión dos locais municipais

ABAS acusa ao Goberno local de Ribeira de cometer irregularidades na concesión dos locais municipais
ABAS acusa ao Goberno local de Ribeira de cometer irregularidades na concesión dos locais municipais

Dende esta asociación teñen certas sospeitas que o concello poida ter cometido algunha irregularidade ao conceder o uso destes locais municipais sen criterio algún

A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade acaba de presentar dous escritos no Concello de Ribeira ao non recibir contestación por parte do Goberno local na solucitude dun local para o uso desta entidade.

O primeiro deles fai referencia ao "silencio administrativo" por parte do Concello ao non contestar, dende fai tres meses, a súa solicitude de maneira que cabe o chadamo recurso de alzada.

O segundo vai relacionada coa primeira xa que piden que sexa o Pleno Municipal o encargado de decidir a cesión deste local, tal como se recolle no Regulamento de Participación Cidadá do municipio.

Dende esta asociación teñen certas sospeitas que o concello poida ter cometido algunha irregularidade ao conceder o uso destes locais municipais sen criterio algún, levándoos dende a Xunta de Goberno Local. Por iso, se refiren que sexa o Pleno Municipal o órgano de decisión deste tipo de asuntos.

Comentarios
Lo más