miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG adelanta as súas líneas estratéxicas no novo curso político

O BNG adelanta as súas líneas estratéxicas no novo curso político
O BNG adelanta as súas líneas estratéxicas no novo curso político

Ana Pontón afirma que a política do BNG nos gobernos municipais son o mellor aval ante os vindeiros comicios. Destaca o proxecto transformador nas cidades e a unidade, solvencia e cohesión do BNG

  • A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón compareceu ante os medios de comunicación para dar conta dos asuntos abordados na primeira xuntanza da Executiva Nacional ante o inicio do novo curso político tralo período estival.

  • Pontón manifestou que o BNG retoma a actividade “coas pilas cargada e moito ánimo” ante os retos que se presentan. Neste sentido, anunciou que o BNG priorizará na súa actividade política a xeración de “emprego, a loita contra a violencia de xénero e o impulso e defensa de Galicia ante a irrelevancia política á que a están conducindo ás forzas estatais”.

  • Sobre o emprego, Pontón amosou a súa preocupación ante unha situación de “debilidade” en Galicia pola perda de poboación activa nos últimos cinco anos ao que sumou a emigración xuvenil e un crecemento menor a respecto do Estado onde o emprego medra case o dobre. 
  • A portavoz nacionalista afirmou que os datos de emprego confirman “o fracaso da política de Feixóo” incapaz de implementar políticas propias para frear o desemprego e a emigración.
  • Nesta liña, anunciou que o BNG quere abrir un debate para cambiar a senda da precariedade, a emigración e desigualdade e avanzou que nas próximas semanas presentará nun acto público unha batería de propostas en materia económica e social. 
  • Medidas, dixo que deben pasar pola innovación, investimento público, políticas de igualdade e máis ferramentas de autogoberno. 

  • DEREITOS DAS MULLERES
  • Outro dos retos ao que nos enfrontamos é a defensa das mulleres. Dende o BNG, explicou, “é urxente colocar no centro da axenda política a loita contra a violencia de xénero” polo que imos propoñer no debate dos orzamentos galegos que o “1% dos recursos do noso país sexan destinados a mellorar as políticas contra a violencia machista, a protección ás vítimas e darlle corpo a unha axenda pola igualdade incidindo na educación e sensibilización”

  • DEFENSA DOS INTERESES DE GALICIA
  • Pontón criticou a “irrelevancia política” de Galicia provocada polas forzas estatais que si algo demostraron, manifestou, é que pasan olimpicamente dos problemas dos galegos e galegas. 
  • “Os vascos contan cunha tarifa eléctrica propia que lles permite aforrar 50M€ e en Galicia se aplica un tarifazo que incrementará o recibo”, en Madrid foron rescatadas as radiais e en Galicia, “soportamos as peaxes abusivas da AP-9” e agora sabemos que Valencia acada un financiamento extraordinario mentres o Estado segue sen aboarnos 182 M€ que debe a Galicia en materia de dependencia.“

  • A Xunta non defende un financiamento que beneficie Galicia e nin sequera reclama as débedas”. Criticou.
  • A líder do BNG reivindicou unha axenda galega ante o Estado que inclúa “a transferencia da AP-9, para rematar coas abusivas peaxes, derrogar a prorroga de ENCE, unha tarifa eléctrica propia, o final das obras do AVE, crear os xulgados de violencia de xénero en todas as cidades e unha relación bilateral entre Galicia e o Estado para negociar o financiamento.”

  • O BNG PECHARÁ AS CANDIDATURAS EN SETEMBRO

    Ante a próxima dobre cita electoral, europeas e municipais, Pontón avanzou que o BNG enfrontase con optimismo e desde a confianza porque, contamos “cunha organización sólida e solvente, un proxecto coherente de país e o aval dos gobernos sólidos e de éxito dos concellos nacionalistas”. Concellos, que referentes de alternativas para o benestar, calidade de vida, defensa do idioma e a cultura, e rexeneración urbana. 

  • No mes de setembro, o BNG pechará as candidaturas, “unha escolla de candidatos e candidatas escollidas por toda a militancia”. 

  • O BNG tende a man a todas esas persoas que creen necesario fortalecer forzas propias no noso país e sabendo que nas vindeiras elección municipais non só se elixen as persoas que gobernarán durante catro anos, “tamén o primeiro paso para o cambio que precisa Galicia, un cambio política que o BNG aspira a liderar para deixar atrás todos estes anos das políticas fracasadas do Partido popular que tanto deterioro provocou nos servizos públicos, desemprego e emigración de miles de mozos e mozas.

  • “Os concellos do BNG levan anos demostrando que temos un proxecto ilusiónante e transformador que nos sitúa como referente de cambio real nas cidades. Os concellos BNG son unha marca de calidade porque demostraron ter solucións aos problemas e por iso impulsamos todo o traballo de preparación das eleccións municipais, coa militancia nas comarcas en pleno proceso de selección dos mellores candidatos e candidatas para presentar en todos os concellos do país”, candidaturas que quedarán pechadas no mes de setembro.

Comentarios
Lo más