miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Abren xuízo oral ao acusado por matar a súa sogra na Coruña

Abren xuízo oral ao acusado por matar a súa sogra na Coruña
Abren xuízo oral ao acusado por matar a súa sogra na Coruña

A maxistrada considera que os feitos investigados poden ser "constitutivos dun delito consumado de asasinato"

O Xulgado de Instrución número 6 da Coruña ditou auto de apertura de xuízo oral respecto ao acusado de matar a súa sogra o 20 de agosto de 2017 na súa vivenda de Monte Alto (A Coruña).

A maxistrada considera que os feitos investigados poden ser "constitutivos dun delito consumado de asasinato".

A xuíza sinala que, "tal e como se desprende da declaración dunha testemuña e do rexistro de chamadas", o investigado acudiu ao domicilio da vítima coa intención de levarse á súa filla de 21 meses, quen se atopaba coa avoa. 

A muller opúxose, ante o que a ameazou con degolala, golpeouna e "chegou a estrangulala", ocasionándolle feridas que lle causaron a morte, segundo consta no auto.

O obxecto da investigación limitouse á "morte violenta" da vítima, polo que "non procede" a apertura de xuízo polos delitos de subtracción de menores e ameazas, como solicitaba una das acusacións particulares. 

Unha vez finalizada a instrución, os feitos serán axuizados por un Tribunal do Xurado na Audiencia Provincial da Coruña. O acusado permanece en prisión provisional desde o 23 de agosto de 2017. 

Comentarios
Lo más