Compromiso insta á retirada do pasamáns que rodea ao campo de fútbol do Sergas
Dende a formación galeguista tamén piden que se actúe no terreo anexo o campo para facer un campo de adestramento
A Agrupación local de Compromiso insta a que se elimine o pasamáns que circunda o campo de fútbol do Sergas, xa que supón un perigo para os xogadores e non ten utilidade algunha. Dende a formación galeguista tamén piden que se actúe no terreo anexo o campo para facer un campo de adestramento e así proporcionar máis servizos ás entidades deportivas que teñen preferencia de uso e que están na zona de San Lázaro (habitualmente os clubes Amio e Victoria).
Usan as instalacións para entrenar os equipos das distintas categorías e que os fins de semana recolle partidos oficiais das distintas competicións, o que supón unha cantidade superior a 500 persoas usuarias.