miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A EOI comeza o proceso de admisión do novo alumnado

A EOI comeza o proceso de admisión do novo alumnado
A EOI comeza o proceso de admisión do novo alumnado

A EOI fará probas de acceso aos inscritos en idiomas con coñecementos previos

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago abre un novo ano lectivo no que os futuros alumnos poderán cursar dende os niveis básicos A como os avanzados no C2, nos idiomas de galego e inglés; dende A ata C1 en alemán, francés, italiano e portugués así como o básico A ata intermedio B2.2 de español.

Dende hoxe ata o día 6 de setembro está aberto o periodo de inscrición para as diferentes probas de nivel que se celebrarán os días 12 e 13 de setembro.

A matrícula para alumnado que continua estudos e estivo matriculado no ano lectivo anterior estenderase desde o 10 ao 14 de setembro.

A preinscrición para o novo alumnado comezará o día 3 de setembro e rematará o día 16 do mesmo mes. 

Comentarios
Lo más