Compostela acadará os 30ºC nunha xornada de cambio
As temperaturas ascenderán, especialmente as máximas. Compostela acadará unha mínima de 17ºC e unha máxima de 30ºC
O luns virá marcado pola entrada de aire cálido en superficie. Así, nas primeiras horas os ceos estarán parcialmente cubertos no terzo norte con progresiva diminución das nubes co avance do día, mentres que no resto da Comunidade xa amenceremos cos ceos despexados.
Ao final da tarde irá entrando aire frío nas capas altas da atmosfera o que aumentará a inestabilidade, con formación de nubes de tormenta na metade sur que deixarán chuvascos na madrugada do martes.
As temperaturas ascenderán, especialmente as máximas. Compostela acadará unha mínima de 17ºC e unha máxima de 30ºC.
Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos con intervalos de moderado no litoral norte.