miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Extinguido un dos incendios do concello ourensán de Vilariño de Conso

Extinguido un dos incendios do concello ourensán de Vilariño de Conso
Extinguido un dos incendios do concello ourensán de Vilariño de Conso

O outro lume permanece controlado desde o sábado á tarde, afectando unha superficie de 99,16 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da extinción dun dos dous incendios forestais rexistrados no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada. O outro permanece controlado.

Ambos lumes comezaron ás 16,10 h. da tarde do mércores, quedando un deles extinguido esta tarde ás 18h53 e afectando unha superficie de 13,68 hectáreas de monte raso. 

O segundo incendio afecta unha superficie de 99,16 hectáreas, das cales 29 son arboradas e o resto rasas. No lugar levan traballado 5 técnicos, 41 axentes, 98 brigadas, 41 motobombas, 5 pas, 14 helicópteros e 7 avións.

Comentarios
Lo más