Portas abertas da piscina municipal de Ordes
06:30 27/08/18
06:30 27/08/18
As altas temperaturas e as boas condición meteorolóxicas desta xornada animaron a moitos e a moitas a achegarse ata as instalacións
A piscina do Muíño celebrou onte unha xornada de portas abertas da que moitas familias desfrutaron cos seus cativos e cativas. Inchables e tobogáns foron algúns dos entretementos instalados para a ocasión.
As altas temperaturas e as boas condición meteorolóxicas desta xornada animaron a moitos e a moitas a achegarse ata as instalacións situadas no Campo da Feira.
Ana Soneira, concelleira de Deportes do Concello de Ordes, foi unha das que non perdeu a oportunidade.