Un incendio provoca daños materiais nunha adega de Saviñao
06:30 27/08/18
06:30 27/08/18
Os feitos tiveron lugar en Pesqueiras, ás 18:00 horas
Un incendio declarado esta tarde nunha adega no Saviñao provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou o interior da estancia e afectou tamén ao tellado.
Os feitos tiveron lugar en Pesqueiras, ás 18:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do incendio.
Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Chantada e á Garda Civil.