Atopan o corpo dun home sen vida no interior dun pozo
Unha vez recuperado o corpo, os axentes da Garda Civil confirmaron ao 112 Galicia que a identidade do home falecido correspondíase á do varón desaparecido o venres en Zas
O corpo sen vida dun home que desaparecera o pasado venres en Zas foi localizado onte á tarde no interior dun pozo.
O achado se produciu no lugar de Limideiro ao fío das 16:00 horas, momento en que a Garda Civil solicitaba ao 112 Galicia a intervención dos Bombeiros de Santa Comba para recuperar o corpo do varón.
Así, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Xallas e de Protección Civil de Zas. Tamén, dende o CIAE 112 Galicia se informou dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias.
Unha vez recuperado o corpo, os axentes da Garda Civil confirmaron ao 112 Galicia que a identidade do home falecido correspondíase á do varón desaparecido o venres en Zas.
O 112 Galicia tivo constancia da desaparición do varón ao mediodía de onte, a través da chamada dun dos familiares do home e, decontado, dende o CIAE se informou á Garda Civil e a Protección Civil de Zas, que se atopaban na busca do desparecido.