Acusan a Compostela Aberta de non cumprir os acordos do pleno municipal
No pasado Pleno do mes novembro, se recollían as demandas máis urxentes para a parroquia que solicitaron os propios
A formación municipal dos Populares reitera que "é sorprendente que o Goberno de Martiño Noriega incumpra, por sistema, case todos os acordos aprobados no Pleno, incluso os que saen adiante por unanimidade". Recordan que case un ano da súa aprobación, seguen sen levarse a cabo distintas actuacións de mellora para a parroquia de Bando.
No pasado Pleno do mes novembro, os Populares recollían as demandas máis urxentes para a parroquia que solicitan os propios veciños, entre as que destacan a necesidade de actuar, sobre todo, en tres puntos como a ampliación da rede de abastecemento e saneamento, a mellora da mobilidade e a dotación de máis servizos.
Os veciños explican que a ampliación da rede de abastecemento e saneamento é imprescindible, posto que. só chega a varios puntos ao longo do trazado da estrada principal que conecta con Lavacolla, para elo os Populares propoñían a redacción dun proxecto de ampliación da rede de saneamento, marcando unha priorización que permita desenvolver a súa execución por fases a partir do próximo ano 2018.
Outra das obras que se solicitaban era a ampliación da rúa do Castro, vía de enlace entre San Marcos e a autovía A-54, polo que se pedía a redacción dun proxecto de ampliación e mellora desta rúa e o alargo do acceso ao lugar de Pousada, que presenta dificultades para o tránsito do autobús urbano, debido á súa estreiteza.
Para os de Agustín Hernandez, o "desleixo de Compostela Aberta faise cada vez máis patente", xa que según eles "teñen como costume esquecer o que se aproba nos Plenos". Rematan asegurando que isto supón "unha falta de respecto" aos veciños de Santiago de Compostela.