miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Reclaman en Tui a exención fiscal aos afectados pola explosión de Paramos

Reclaman en Tui a exención fiscal aos afectados pola explosión de Paramos
Reclaman en Tui a exención fiscal aos afectados pola explosión de Paramos

A veciñanza de Paramos e as súas necesidades "están sendo totalmente desatendidas polas administracións

Tres meses despois da explosición do almacén pirotécnico que devastou Paramos, os afectados volver saír á rúa para denunciar a situación de desamparo na que se atopan. Con eles estivo na manifestación convocada este domingo en Tui o voceiro de En Marea, que critica o absolutamente inaceptable o proceder das administracións e as cativas e a todas luces insuficientes solucións que están a aportar á poboación damnificada. Luís Villares volveu reclamar a exención fiscal e a urxente posta en marcha da dun plan de reconstrución para a zona afectada e dun plan de atención psicolóxica.

A veciñanza de Paramos e as súas necesidades "están sendo totalmente desatendidas polas administracións. Tres meses despois da explosión, vemos que as poucas axudas que están chegando teñen cargas fiscais, polo que reclamamos para os afectados a exención fiscal por parte do Estado e a aplicación de deducións da Xunta", asevera o voceiro de En Marea.

Luís Villares considera totalmente inxusto que as axudas económicas para a reconstrución de vivendas da Xunta de Galicia non cubran o 100% do danado. Ao igual que o criterio que está a aplicar Facenda, ao equiparar estas subvencións cun ingreso extra. "Non estamos ante un enriquecemento, senón que se trata de solventar un empobrecemento notorio producido pola explosión", destaca o voceiro de En Marea, que lembra que algunhas persoas están a perder os complementos das súas pensións.

Villares foi crítico coa inacción e a inaceptable lentitude con que as necesarias solucións están a chegar a Paramos. E é que se as axudas para a reconstrución de vivendas e a reposición de vehículos resultan tremendamente cativas e insuficientes, ao non cubrir o custe total do danado, "non existe aínda a día de hoxe un plan de reconstrución integral para Paramos, e é necesario abordalo". Na mesma liña se pronunciou o voceiro de En Marea no que respecta á inacción da Consellería de Sanidade, que a pesar das reiteradas peticións da poboación local nese senso continúa sen poñer en marcha o Plan de atención psicolóxica que demanda a veciñanza.

"Estamos ante unha situación inaceptable á que hai que poñer solución xa", indica Villares, que lembra ademais que "no mes de setembro remata o prazo para pedir axudas e hai xente que está pensando non facelo porque economicamente saen máis arruinados se as piden que se quedan como están".

Para En Marea resulta igualmente inaceptable que, a estas alturas, ningunha administración asumise o desentullo da zona "cando este debería ter sido un dos primeiros labores a acometer sobre o territorio afectado, un traballo imprescindible para poder acometer calquera outra obra de recuperación". Ademais, a formación lamenta a escasa coordinación entre administracións e a lentitude e dificultades que están a producirse nalgúns dos procesos de xestión, que están creando dificultades engadidas para as familias dos afectados. "O retardo en dar solución é, na práctica, un prexuízo máis, e non menor, para todos os afectados", lamenta Villares. 

Comentarios
Lo más