Ferido un home en Santa Comba ao saírse o seu vehículo da vía
14:01 25/08/18
14:01 25/08/18
A vítima tivo que ser trasladada nun helicóptero medicalizado ata o centro médico de referencia.
Un home resultou ferido a pasada tarde en Santa Comba ao saírse da vía o turismo no que circulaba e chocar contra un poste. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser trasladada nun helicóptero medicalizado ata o centro médico de referencia.
O accidente ocorreu no Cataliño, na estrada que une Coristanco e Santa Comba, ao fío das 18:20 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para informar do sinistro e, decontado, dende o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Santa Comba.