miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Galicia convértese na terceira comunidade autónoma con máis accidentes laborais graves

Galicia convértese na terceira comunidade autónoma con máis accidentes laborais graves
Galicia convértese na terceira comunidade autónoma con máis accidentes laborais graves

Nos primeiros 5 meses do ano só a provincia de A Coruña rexistra máis accidentes graves que comunidades como Euskadi, Aragón ou Castela-A Mancha

Unha análise dos datos de sinistralidade laboral en Galicia amosa un panorama preocupante ante o cal urxe tomar medidas porque a sinistralidade non pode converterse nunha característica inherente ao mercado laboral desta comunidade.

UGT advirte que os anos de crise só trouxo precariedade e situou ao traballador na parte máis débil da balanza en relación ao empresario, incluso lle restou moitos dos instrumentos de loita que tiña ata o momento, están detrás desta realidade.

Unha realidade que fai que UGT alerta sobre uns datos moi negativos. Nos primeiros 5 meses de 2018 un total de 11.180 persoas foron vítimas dun accidente laboral nesta comunidade, isto supuxo un incremento dun 4,92% en relación aos datos rexistrados hai un ano neste mesmo período. Deste total, 18 accidentes foron mortais, 191 graves e 10.971 tiveron a consideración de leves.

Neste contexto, o Sindicato fai fincapé no forte incremento dos sinistros graves, que pasaron de 150 nos primeiros 5 meses de 2017 aos 191 deste ano. Isto supón un aumento dun 27,3 %. Unha cifra moi preocupante que sitúa a Galicia como a terceira comunidade do Estado no relativo aos accidentes graves, só superada por Andalucía e Cataluña, e moi afastada de comunidades máis desenvolvidas económicamente como o País Vasco, con 64; Madrid, con 135; ou comunidade Valenciana con 132.

Por exemplo, só a provincia de A Coruña, con 72 sinistros graves nun período de 5 meses, rexistre máis accidentes que comunidades autónomas como Euskadi, Aragón ou Castela-A Mancha.

Unha análise por provincias indica que a sinistralidade medrou en todas, na Coruña, nun 4,57%; en Lugo, nun 9,66%; en Ourense, nun 10,60%; e en Pontevedra, nun 2,20%. Pero destaca o que sucedeu en Lugo onde, ademais de rexistrarse un forte incremento da sinistralidade en termos xerais, no caso da mortal pásase de 2 accidentes nos primeiros 5 meses de 2017 aos catro deste ano.

Por actividades económicas, destaca a industria manufactureira con 3.273 accidentes; seguida do comercio, venda e reparación de vehículos a motor, con 1.540 sinistros; a construción, con 1.380 accidentes; e as actividades sanitarias e de servizos sociais, que acumulan un total de 920 accidentes con baixa laboral nos primeiros 5 meses de 2018.

O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social tamén ofrece unha análise interanual igual de desoladora para o mercado laboral galego no eido da sinistralidade.

De feito, a evolución da sinistralidade no período abril 2017-marzo 2018 indica que Galicia é a terceira comunidade do Estado en números absolutos en canto a accidentes graves (459) e a cuarta no relativo aos mortais (43).

Facendo unha análise comparativa mediante o estudo do índice de incidencia (número de accidentes de traballo por cada 100.000 traballadores coas continxencias profesionais cubertas), que permite relacionar o número de accidentes co número de traballadores afiliados, obsérvase que Galicia é a segunda comunidade do Estado con maior índice de incidencia de accidentes graves (56,7) -duplicando a media estatal-, só superada por Estremadura (61,9) e tamén a segunda con maior índice de incidencia de accidentes mortais (5,3), só superada por Cantabria (7,4).

Ademais, hai que denunciar que Galicia, xunto con Estremadura e a Comunidade Valenciana, son as únicas que no devandito período ven medrar o seu índice de incidencia total, respecto ao período anterior. De feito, no período abril 2017-marzo 2018, en relación a abril 2016-marzo 2018, no conxunto do Estado o índice de incidencia redúcese un 3,2%, mentres que en Galicia increméntase nun 2,7%.

Comentarios
Lo más