Sol e máis sol durante o día de hoxe en Compostela
07:30 25/08/18
07:30 25/08/18
Santiago acadará unha mínima de 14ºC e unha máxima de 24ºC.
As altas presións localizadas ao norte dos Azores tenderán a entrar en forma de cuña sobre a península Ibérica, achegando estabilidade.
Deste xeito agardamos un día que comezará con nubes baixas e néboas en puntos da metade norte, que tenderán a desaparecer, para deixar un día en xeral de ceo pouco anubrado ou despexado.
As temperaturas sufrirán un descenso, algo máis acusado nas mínimas. Santiago acadará unha mínima de 14ºC e unha máxima de 24ºC.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con algún intervalo de moderado no litoral de Pontevedra.