miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Novo minuto de silencio pola nova vítima da violencia machista

Novo minuto de silencio pola nova vítima da violencia machista
Novo minuto de silencio pola nova vítima da violencia machista

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres

A praza do Obradoiro acolleu onte ao mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Barcelona, acontecido este xoves.

A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros membros da Corporación sumáronse a este acto, para lembrar á muller asasinada. Deste xeito, dáselle cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres.

Comentarios
Lo más