miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ordes celebrará por primeira vez o Día do Deporte

Ordes celebrará por primeira vez o Día do Deporte
Ordes celebrará por primeira vez o Día do Deporte

Terá lugar o 1 de setembro no Campo da Feira durante toda a mañá

Por primeira vez o Concello de Ordes celebrará o Día do Deporte. Terá lugar o vindeiro sábado 1 de setembro no Campo da Feira nun horario que vai dende as 10 ata as 14 horas (en caso de chuvia trasladarase ao pavillón Campomaior).

As persoas asistentes poderán ampliar coñecementos, obter información ou experimentar a práctica das seguintes modalidades deportivas: Aikido, taekwondo, atletismo, tiro con arco, tenis, fútbol, fútbol sala, orientación, ciclismo de montaña (BTT), patinaxe artística e hóckey a patíns. 

Ademais tamén terán a oportunidade de recibir agasallos e entrar no sorteo de material deportivo sempre que cheguen a completar o circuíto de actividades previsto pola organización, o cal pasa por cada unha das áreas reservadas a cada deporte. Para participar deberá recollerse un cupón na zona de organización ese mesmo día. 

A maiores o grupo de aikido e os equipos de taekwondo e patinaxe artística teñen preparadas exhibicións para dar a coñecer o seu traballo ás 11, 12 e 13 horas.

Para a posta en marcha desta xornada o Departamento de Deportes do Concello conta coa colaboración de Sportec. Tamén co apoio dos seguintes clubs: Club Patinaxe Galia, Club Atletismo Ordes, Jogafán F.S., Boud-Sport Club de Taekwondo, Asociación de Taekwondistas da Comarca de Ordes, Sociedade Deportiva Club Órdenes, A.C. Órdenes, Club SEO, Adarve e a Asociación Enfeitizados.

Comentarios
Lo más