miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Conferencia sobre el arquitecto Alejandro de la Sota

Conferencia sobre el arquitecto Alejandro de la Sota
Conferencia sobre el arquitecto Alejandro de la Sota

Entre os asistentes á conferencia, que foi presentada polo tenente de alcalde Emilio Pérez Outerial, figuraban artistas como Gonzalo Sarasquete e Quico Cadaval

Proseguindo coa programación de actividades complementarias sobre o arquitecto Alejandro de la Sota, Juan de la Sota Rius pronunciou esta mañá no Centro Cultural Lustres Rivas unha extensa e amena conferencia dedicada a analizar a figura do seu pai.

Así, ante un público con notable presenza de rapaces o pintor e fotógrafo residente actualmente en Aguiño (e antes en Corrubedo) desgranou as claves que o levaron a converterse nun dos máis grandes arquitectos españois do século XX, enfatizando especialmente a infancia como etapa esencial da súa aprendizaxe.

Así, e ao igual que acontecera na inauguración do pasado luns da exposición que se pode ver na praza da Porta do Sol, De la Sota Rius salientou a figura da súa avoa riveirense (e bisavoa do conferenciante), Ramona Correa Mariño, como unha das persoas máis influíntes.

Tamén xogou un papel primordial o intelectual e político Alfonso Castelao, con que o neno Alejandro coincidiu na súa Pontevedra natal: así, o futuro arquitecto responsable de edificios como o rompedor Goberno Civil de Tarragona era amigo do fillo do rianxeiro, quen o aconsellou e animou a mellorou súa técnica como debuxante e caricaturista.

Juan de la Sota concluíu que o xogo e o non deixar ver nunca como ve un neno foron básicos no éxito profesional que Alejandro conqueriu como arquitecto.

Entre os asistentes á conferencia, que foi presentada polo tenente de alcalde Emilio Pérez Outerial, figuraban artistas como Gonzalo Sarasquete e Quico Cadaval ou o escritor corrubedán Francisco Sánchez Fraga.

Comentarios
Lo más