miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cortes de tráfico por motivo do Rally Botafumeiro

Cortes de tráfico por motivo do Rally Botafumeiro
Cortes de tráfico por motivo do Rally Botafumeiro

O venres 24 (entre as 20:00 e as 23:30 h.) e o sábado 25 de agosto (entre as 7:00 e as 23:30 h), celébrase a XXVI edición do Rally Botafumeiro

O venres 24 (entre as 20:00 e as 23:30 h.) e o sábado 25 de agosto (entre as 7:00 e as 23:30 h), celébrase a XXVI edición do Rally Botafumeiro. Entre as 18:00 e as 19:00 h do venres, os vehículos participantes accederán ao parque cerrado instalado no paseo central da Alameda, onde quedarán expostos ata as 20:00 h. Entre as 20:00 e as 22:30 h, os vehículos sairán cara a zona do Estadio Multiúsos de San Lázaro.

Por este motivo, durante a saída dos vehículos participantes produciranse alteracións no tráfico de acceso á zona da Alameda. Así, o tráfico procedente de Galeras-Pombal, serán desviado cara a rúa da Poza de Bar, e o procedente da rúa do Campiño da Ferradura terá que seguir pola rúa de San Clemente. A saída da avenida de Rodrigo de Padrón farase cara a dereita, en dirección á rúa do Pombal.

Ademais, non se poderá acceder con vehículos á zona do Multiúsos de San Lázaro dende as rúas de Clemente Fernández Sarela, Miguel Ferro Caaveiro e avenida de Fernando Casas Novoa (no acceso dende a avenida de Gonzalo Torrente Ballester). 

TRANSPORTE URBANO

A causa das devanditas alteracións do tráfico na zona da Alameda e do peche da rúa do Pombal, entre as 20:00 e as 22:30 horas deste venres, as liñas 4, 9, C4, P1 e P7 do transporte urbano, procedentes de Galeras e Cruceiro de Gaio, realizarán o seguinte desvío:

- Liñas 4, 9, P1 e P7: desde Cruceiro de Gaio desviaranse por Poza de Bar, avenida das Burgas, avenida da Coruña, Rosalía de Castro e avenida de Xoán Carlos I, retomando os seus itinerarios habituais na parada da rúa da Senra. Quedará suprimida nese horario a parada 553, San Clemente (Alameda). Os/as usuarios/as poden dirixirse á seguinte parada das liñas, na rúa da Senra nº 13.

- Liña C4: o derradeiro servizo do día na liña C4 ten saída da estación de autobuses ás 19:45 h. Se cando faga o paso por Pombal a rúa aínda está aberta ao tráfico, o autobús realizará o seu itinerario e paradas habituais. Se pola contra xa se fixo efectivo o corte, a liña dende Cruceiro de Gaio desviarase por Poza de Bar, avenida das Burgas e avenida da Coruña, retomando o seu itinerario na rúa de Rosalía de Castro. Se necesita realizar o desvío, quedarán suprimidas nese horario, para a liña C4, as paradas 553, San Clemente (Alameda) e 113, avenida de Xoán Carlos I (igrexa do Pilar). Os/as usuarios/as poden dirixirse á seguinte parada da liña, en Rosalía de Castro nº 96.

Comentarios
Lo más