miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As temperaturas continúan descendendo

As temperaturas continúan descendendo
As temperaturas continúan descendendo

En Compostela a máxima será de 25 grados e a mínima de 16 grados

Galicia atoparase nunha situación intermedia entre as altas presións de Azores e as baixas do Atlántico norte. Con esta situación, agárdanse ceos anubrados pola mañá na metade norte, con algunha chuvia feble e ocasional no litoral, mentres que no sur estarán máis abertos; as nubes do norte tenderán a desaparecer a partir do mediodía.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral e máis frouxos no interior, con intervalos fortes en puntos illados do litoral atlántico pola tarde.

En Compostela a máxima será de 25 grados e a mínima de 16 grados.

Comentarios
Lo más