A USC e a Deputación da Coruña manterán os seus lazos de colaboración
Valentín González Formoso reuniuse onte co novo reitor da USC, Antonio López, e anunciou que nos vindeiros meses renovarese o convenio para investigar novos métodos de erradicación da velutina
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López Díaz
Nesta primeira reunión tras a elección de Díaz como reitor da USC o pasado mes de abril, ambos destacaron estreita colaboración que ambas entidades manteñen dende hai anos, tanto no aspecto académico como en materia de investigación, apoio ao emprendemento, cultura e deporte e mellora de infraestruturas.
Renovación do convenio da velutina
González Formoso afirmou que a Deputación manterá as distintas liñas de colaboración que a institución provincial mantén coa USC e anunciou que nos vindeiros meses renovarase o convenio destinado a financiar unha investigación sobre novos métodos de erradicación da vespa velutina, financiada pola Deputación da Coruña con 137.378 euros no seu primeiro ano.
Con estes fondos, a Deputación financia un equipo multidisciplinar no que participan investigadores dos departamentos de Anatomía Patolóxica, Química Orgánica, Edafoloxía, Química Agrícola, Economía Aplicada e I+D+i da USC, que, entre outras cuestións, contra esta especie invasora que non afecten ás abellas comúns nin ao entorno natural.
O estudo inclúe tamén a realización dunha cartografía da distribución da vespa asiática na provincia da Coruña e a o desenvolvemento dun modelo matemático que, en base a cincuenta variables ambientais, é xa capaz de predicir con grande exactitude a evolución das colonias, o que permite aos concellos planificar medios e recursos en función da maior ou menor presenza desta especie invasora.
Outros proxectos coma Estalmat, para formar as futuras xeracións en matemáticas, que levan anos confirmando que a colaboración entre USC e Deputación é fructífera continuarán tamén en 2018. Desde o 2007, 275 estudantes con talento para as matemáticas formáronse ao abeiro deste programa co apoio da Deputación.
Formoso e Díaz falaron tamén sobre experiencias conxuntas que mostraron que a implicación coa Universidade pode aportar beneficios que redunden en servizos e melloras para os cidadáns, coma o Barómetro de Xestion Municipal, que permitiu mellorar a planificación dos investimentos, medindo a calidade dos servizos públicos locais.
“A Deputación seguirá apoiando a canalización do talento universitario e promovendo accións que impulsen a investigación, o emprendemento e a cultura. Cremos que a implicación da Deputación coas dúas universidades coruñesas é moi necesaria nestes momentos e redunda en beneficios para a sociedade, alén do ámbito académico. Por iso seguirá sendo unha das liñas prioritarias de actuación do goberno provincial”, afirmou González Formoso, que desexou os maiores éxitos na súa xestión ao novo reitor das institución académica compostelá.