miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández: "Martiño Noriega soe estar centrado en técnicas de postureo”

Agustín Hernández: "Martiño Noriega soe estar centrado en técnicas de postureo”
Agustín Hernández: "Martiño Noriega soe estar centrado en técnicas de postureo”

"O Goberno de Compostela Aberta mantén á cidade de Santiago fora do Sistema de Seguimento e Protección das Vítimas de Violencia de Xénero"

O Grupo Municipal Popular denuncia “que o Goberno de Compostela Aberta mantén á cidade de Santiago fora do Sistema de Seguimento e Protección das Vítimas de Violencia de Xénero (Vioxén), a pesar de que, no ano 2017, os Populares instaban ao grupo de goberno que dera cumprimento ao acordo plenario e firme do convenio de colaboración co Ministerio de Interior”.

O equipo que dirixe Agustín Hernández remarca “que o acceso a este sistema é sinxelo e moi beneficioso, o Concello só tería que firmar un convenio co Ministerio de Interior, grazas ao que a Policía Local podería participar nas tarefas de protección e de seguimento das vítimas que residan nesta cidade”.

“Vioxén é un instrumento que contribuiría a que Santiago estea comprometido coa loita contra a violencia de xénero, algo para o que é necesario traballo, esforzo, compromiso e o sacrificio das administración públicas, algo que o Goberno de Martiño Noriega non parece estar disposto a facer, xa que soe estar centrado en técnicas de postureo”.

Este sistema, do que forman parte os corpos e forzas de seguridade do Estado, xulgados e institucións penitenciarías, entre outras, permite non só a participación activa da Policía Local, senón tamén a consulta de información de casos concretos. Así mesmo ,“o Centro da Información á Muller ou os propios Servizos Sociais do Concello poderían ter acceso a todos os casos de violencia de xénero do noso municipio”.

Con este sistema, disporíase de información en tempo real sobre casos de violencia de xénero, mulleres con medidas de protección, maltratadores, situación procesual, grao de perigosidade, análise dos riscos e mesmo xerar alertas, o que suporía a mellora da protección das mulleres.

“Cabe subliñar que o acceso ao sistema non ten custe algún e a formación dos axentes sería a cargo do Ministerio Interior, polo que parece incrible que o equipo de Goberno aínda non teña feito nada neste sentido. Unha vez asinado o protocolo entre as administracións, asignaríaselle á Policía Local un número de vítimas e funcións, adaptado ás súas capacidades e disposición”.

Comentarios
Lo más