miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames coa cultura saharauí nunha tarde adicada ao té

Ames coa cultura saharauí nunha tarde adicada ao té
Ames coa cultura saharauí nunha tarde adicada ao té

A xornada estivo organizada pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), en colaboración co Concello de Ames

A contorna da piscina descuberta municipal do Milladoiro acolleu este mércores unha Tarde de Té coa que a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), en colaboración co Concello de Ames, achegou á veciñanza amesá a cultura do pobo saharauí.

O obxectivo desta Tarde de té era o de achegar á veciñanza amesá as tradicións e costumes do pobo saharauí, así como ofrecer unha tarde de diversión coas súas familias de acollida aos rapaces e rapazas que están a pasar o verán no concello no marco do programa Vacacións en Paz. 

A xornada estivo organizada pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), en colaboración co Concello de Ames. 

Deste xeito, e durante tres horas, os asistentes puideron observar, da man dos nenos e nenas saharauís, como se desenvolve a tradicional cerimonia do té ao tempo que puideron probar o resultado. 

Asemade, ao longo da tarde, os rapaces e rapazas tamén elaboraron tatuaxes de henna e ensinaron bailes e música tradicionais do Sáhara. 

A actividade levouse a cabo ao carón da piscina municipal do Milladoiro, onde se instalou unha jaima decorada con elementos e adornos propios do Sáhara, así como fotos dos campamentos e do Hospital Galicia, para o que se están a recadar fondos destinados á compra e envío de menciñas en setembro. 

Este centro foi montado hai dous anos pola asociación para asistir aos refuxiados saharauís nos seus campamentos. 

Comentarios
Lo más