miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nenos e nenas de Ribeira acoden á actividade de contacontos de Alejandro de la Sota

Nenos e nenas de Ribeira acoden á actividade de contacontos de Alejandro de la Sota
Nenos e nenas de Ribeira acoden á actividade de contacontos de Alejandro de la Sota

Hoxe haberá un novo evento no que, co título “Alejandro de la Sota, meu pai”, o seu fillo Juan de la Sota Rius contará moitas cousas sobre o seu proxenitor

Máis dun nenos e nenas participaron onte ao mediodía na primeira das actividades complementarias organizadas en torno á exposición sobre o arquitecto Alejandro de la Sota que se pode contemplar na praza da Porta do Sol.

O grupo Polo Correo do Vento coa proposta “Clesacontos” foi o encargado de desenvolver a actividade, entre cuxos asistentes figuraban alumnos e alumnas dos campamentos de conciliación do Concello.

Hoxe haberá un novo evento no que, co título “Alejandro de la Sota, meu pai”, o seu fillo Juan de la Sota Rius contará moitas cousas sobre o seu proxenitor, bisneto de riveirense. A iniciativa terá lugar ás 11 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. A entrada é libre.

Xa o sábado 1 de setembro ás 11 horas no Lustres Rivas celebrarase un taller de arquitectura para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Comentarios
Lo más