miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preocupación polo mal estado da calzada romana do barrio de Sar

Preocupación polo mal estado da calzada romana do barrio de Sar
Foto de archivo
Preocupación polo mal estado da calzada romana do barrio de Sar

Piden que se arranxe o bolardo que regula o tráfico na calzada e se tomen as medidas necesarias para protexer e conservar unha das xoias do patrimonio da cidade

Compromiso denuncia o mal estado no que se atopa a calzada romana de Sar, xa que na actualidade está a ser utilizada como zona de paso e de aparcadoiro sen ningún tipo de control, con vehículos facendo uso dela a diario. Cómpre lembrar que o paso nesta zona está restrinxido a residentes.

A Agrupación local de Compromiso afirma que “non se pode entender que unha parte tan importante da nosa historia e estea neste estado de abandono e que dende as institucións non se poña en valor unha parte tan importante do noso patrimonio como cidade”. 

Dende a formación galeguista piden que se arranxe o bolardo que regula o tráfico na calzada e se tomen as medidas necesarias para protexer e conservar unha das xoias do patrimonio da cidade que, a pesar das dúas restauracións que se fixeron nos últimos anos, volve presentar un preocupante estado de deterioro o sen as medidas necesarias para a súa conservación.

Comentarios
Lo más