miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

En Marea reclama a Pedro Sánchez a condonación da débeda do Porto da Coruña

En Marea reclama a Pedro Sánchez a condonación da débeda do Porto da Coruña
En Marea reclama a Pedro Sánchez a condonación da débeda do Porto da Coruña

En Marea reclama para A Coruña un trato equivalente ao que o Estado ofreceu para o Consorcio de Valencia

En Marea critica o agravio comparativo que o goberno central ven de acordar contra a Comunidade galega, coa condonación a Valencia de 350 millóns de euros de débeda do seu porto. A formación esixe ao executivo de Pedro Sánchez que siga ese mesmo exemplo na Coruña. En Marea comprométese a que a debéda do Porto da Coruña entrará na negociación co goberno do Estado"

En Marea denuncia que a única solución que se está propoñendo para a débeda do porto coruñés pase pola venda da súa fachada marítima, obrigándoa a perder patrimonio mentres que se condona a débeda de institucións similares noutros puntos do Estado. 

Agravio comparativo que está reforzado polo feito de que mentres no caso de Valencia a débeda foi xerada pola celebración da Copa do mundo de vela e outras actuacións deportivas, no caso da Coruña trátase dunha débeda de 200 millóns contraida con portos do estado para a construción dun porto exterior, que como tal, e mesmo legalmente, é obra pública de interese xeral do Estado. 

En Marea reclama para A Coruña un trato equivalente ao que o Estado ofreceu para o Consorcio de Valencia. O voceiro de En Marea, Luís Villares, advírtelle ao PSOE que a débeda do porto coruñés tamén debe ser entendido como “un asunto do Estado como o propio porto é”. Engade o Villares que merecer “o mesmo trato que recibiu a débeda do Consorcio do Porto de Valencia”.

Para En Marea non ten ningún sentido que en Valencia se condone unha débeda de 350 millóns de euros e na Coruña “hai que desfacer unha fachada marítima para pagar só 200 millóns de euros”. 

Luís Villares explica que En Marea non aceptará este agravio e considera que “este é o momento de negocialo e resolvelo, cando están enriba da mesa asuntos orzamentarios. 

Comentarios
Lo más