O Concello mellorará a rede de saneamento en Vixán
As obras proxectadas inclúen o cambio do cadro eléctrico do sistema de bombeo, a limpeza e reparación dos pozos de rexistro e de bombeo afectados, e a substitución das bombas sumerxibles existentes
O Concello de Ribeira mellorará a rede de saneamento en Vixán despois de que a xunta de goberno local adxudicase a actuación necesaria por un importe de 13.164 euros.
Actualmente, a rede de saneamento existente no citado lugar, pertencente á parroquia de Carreira, rexistra fallos esporádicos no sistema de bombeo e a un incorrecto funcionamento nalgún pozo de rexistro.
Así e logo, as obras proxectadas inclúen o cambio do cadro eléctrico do sistema de bombeo, a limpeza e reparación dos pozos de rexistro e de bombeo afectados, e a substitución das bombas sumerxibles existentes. O prazo de execución é dun mes e medio.
A obra foi adxudicada a Excavaciones Nima e está cofinanciada polo Plan Provincial de Medio Ambiente (PMA) da Deputación.