miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Atopada a muller que levaba desaparecida dende o domingo en Silleda

Atopada a muller que levaba desaparecida dende o domingo en Silleda
Atopada a muller que levaba desaparecida dende o domingo en Silleda

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a muller se presentou no cuartel da Garda Civil de Lestedo para denunciar a perda dunhas pertenzas e foi recoñecida polos axentes

Os servizos de emerxencias deron por finalizada a busca da muller que se atopaba en paradoiro descoñecido desde o pasado domingo en Silleda. 

Así o comunicaba ao 112 Galicia a Garda Civil, que coordinou o operativo, ao ter constancia de que a desaparecida podería estar facendo o Camiño de Santiago.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a muller se presentou no cuartel da Garda Civil de Lestedo para denunciar a perda dunhas pertenzas e foi recoñecida polos axentes.

Deste xeito, quedou desactivado o dispositivo de busca, no que participaron a Unidade de Drons da Axega e cans de rescate da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tivo constancia da desaparición da muller onte ás 13:00 horas, a través da Garda Civil, e nada máis recibir o aviso, dende o CIAE 112 Galicia tamén se puxeron os feitos en coñecemento do GES e de Protección Civil de Lalín.

Comentarios
Lo más