miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Piden a Compostela Aberta unha mellora na retirada do lixo da cidade

Piden a Compostela Aberta unha mellora na retirada do lixo da cidade
Foto de archivo
Piden a Compostela Aberta unha mellora na retirada do lixo da cidade

Os Populares insisten na necesidade de que se proceda á urxente retirada do lixo nestas zonas e se traballe na prevención deste tipo de vertidos, tanto no centro da cidade como na súa contorna.

O Grupo Municipal Popular solicita ao Goberno de Compostela Aberta que proceda á eliminación dos puntos de vertidos incontrolados que proliferan en zonas do Concello de Santiago, ao mesmo tempo que requiren "unha mellor eficacia na retirada do lixo na cidade".

"Parece que o Grupo de Martiño Noriega segue sen entender que está xestionando unha vila que é a Capital de Galicia e deixa de maneira reiterada sen solución a maioría dos problemas do día a día que presenta esta cidade", aseguran os populares de Santiago.

Consideran que Compostela Aberta nesta materia ten "feito pouco", en relación ao que se tiña aprobado nos Plenos, polo que a situación lonxe de mellorar, nalgúns casos, ten "empeorado", posto que seguen existindo vertidos incontrolados en zonas como Amio, Conxo, nas inmediacións do acceso ao Monte Pedroso e preto da área de San Lázaro, entre outros.

Por todo isto, os Populares insisten na necesidade de que se proceda á urxente retirada do lixo nestas zonas e se traballe na prevención deste tipo de vertidos, tanto no centro da cidade como na súa contorna.

O grupo Municipal Popular remata esixindo tamén unha mellor vixilancia, co fin de evitar as "condutas incívicas que levan a cabo determinados individuos" e que se realicen as accións necesarias, encamiñadas a crear unha maior concienciación cidadá sobre este grave problema.

Comentarios
Lo más