Descenso lixeiro e moderado das temperaturas
06:30 23/08/18
06:30 23/08/18
En Santiago a máxima será de 28 grados e a mínima de 18 grados
O xoves seguiremos con predominio das altas presións e con entrada de aire frío e húmido dende o norte. Con esta situación, amenceremos cos ceos cubertos no litoral, con posibilidade de orballos, e con menos nubes canto máis ao sur.
Pola tarde os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados en xeral, con nubes de estancamento no litoral norte e nubes de evolución nas áreas de montaña. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con algún intervalo de moderado no litoral.
En Santiago a máxima será de 28 grados e a mínima de 18 grados.