miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O adestrador Yago Iglesias será o pregoeiro da V Festa do Polbo de Palmeira

O adestrador Yago Iglesias será o pregoeiro da V Festa do Polbo de Palmeira
O adestrador Yago Iglesias será o pregoeiro da V Festa do Polbo de Palmeira

A festa celébrase o sábado 25 e o domingo 26 de agosto

O adestrador do Compostela, Yago Iglesias, será o pregoeiro da V Festa do Polbo de Palmeira que se celebrará o sábado 25 e domingo 26 de agosto: un evento gastronómico xa consolidado no calendario de celebracións do municipio que foi presentado esta mañá polos concelleiros Emilio Pérez e Antonio Freire.

Unha vez máis, Manuel Veloso será quen se encargue de preparar o cefalópodo, que se servirá nunha carpa de 1.250 metros cadrados instalada na zona portuaria na que tamén se ofertarán outros produtos típicos como a empanada, o churrasco ou a tarta de Santiago. A carpa abrirá ao mediodía (entre as once e as doce da mañá) e pechará ben entrada á noite.

Tocante á programación de actividades complementarias, Emilio Pérez explicou que este ano como novidade haberá sesións vermús para amenizar tamén a hora do almorzo. Así, entre as 12.30 e as 14.30 horas, o sábado actuará o grupo Rebe & Andrew con música pop e rock. 

Ese mesmo día, ás 19 horas haberá unha exhibición de marciais por parte do Club Kempo Barbanza dirixida polo mestre Iván Parada, mentres que ás 20 horas terá lugar a devandita inauguración por parte de Yago Iglesias, que é veciño da localidade palmeirán. Xa ás 22 horas actuará de novo o grupo Inversións. Ademais, na xornada sabatina percorrerán as rúas o grupo de gaitas Xiada e a charanga BB+.

En canto ao domingo, a sesión vermú correrá a cargo do grupo Blow (12.30 horas). Ás 19 horas haberá unha exhibición de bailes latinos pola Escola El Tomasón dirixida por Orlando González; en tanto que ás 22 horas actuará o grupo Rokolas con música dos 80. Percorrerán as rúas o grupo O Rueiro da Sociedade Hijos de Palmeira.

Aparcadoiro próximo

O concelleiro Pérez Outeiral lembrou que este mesmo mes se habilitou na rúa do Norte un novo aparcadoiro disuasorio de 1.500 metros cadrados a disposición dos asistentes á festa, o que contribuirá a aliviar a zona portuaria.

Pola súa parte, Antonio Freire resaltou a excelente materia prima que se poderá degustar no evento, que está a servir para prolongar un pouco máis a tempada vacacional no noso municipio.

Comentarios
Lo más