miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os termómetros chegarán a marcar os 31ºC no día de hoxe

Os termómetros chegarán a marcar os 31ºC no día de hoxe
Os termómetros chegarán a marcar os 31ºC no día de hoxe

En Compostela a máxima será de 31 grados e a mínima de 18 grados

Para o mércores agárdase o achegamento de aire frío en altura o que traerá unha lixeira inestabilización atmosférica. Deste xeito, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados pola mañá, con néboas illadas en zonas de interior e algunhas nubes no extremo norte; pola tarde medrarán nubes de evolución, sobre todo no sur e sueste de Galicia, que mesmo poderán dar lugar a chuvascos treboentos illados. 

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán no terzo norte, do nordés, moderados na costa e frouxos no interior; no resto serán frouxos de dirección variable, con réxime de brisas nas Rías Baixas.

En Compostela a máxima será de 31 grados e a mínima de 18 grados. 

Comentarios
Lo más