miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

BNG e En Marea rexistran no Parlamento a petición para crear a comisión de investigación de O Marisquiño

BNG e En Marea rexistran no Parlamento a petición para crear a comisión de investigación de O Marisquiño
BNG e En Marea rexistran no Parlamento a petición para crear a comisión de investigación de O Marisquiño


O PSdG rexeita sumarse á inicia para investigar as causas do sinistro en Vigo e depurar responsabilidades políticas

Os grupos parlamentarios do BNG e En Marea rexistraron hoxe a solicitude para crear a comisión de investigación sobre o sinistro do Marisquiño na que ambas forzas avogan por unha comisión que esclareza as causas do derrube da pasarela do Náutico no último concerto do evento en Vigo no que resultaron feridas máis de 500 persoas. BNG e En Marea reclaman a depuración de responsabilidades políticas. Pola súa banca, o PSdG rexeitou sumarse á iniciativa do BNG e En Marea.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón anunciou onte no Parlamento que remitiría ao resto dos grupos da oposición a necesidade de crear unha comisión de investigación para analizar o acontecido no Marisquiño, solicitar a convocatoria urxente da Deputación permanente e pedir a comparecencia en pleno do Presidente da Xunta para dar conta dos feitos, analizar as responsabilidades e tomar as medidas oportunas para evitar que sinistros destas características poidan repetirse.

Comentarios
Lo más