O GALI participa na busca dunha muller desaparecida desde o domingo en Silleda
Uns minutos antes das 13:00 horas, os axentes solicitaban ao CIAE a colaboración da Unidade de Drons da Axega e dos cans de rescate da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón
Os membros do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) colaboran desde esta tarde nun operativo de busca dunha muller que desapareceu o pasado domingo en Silleda.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tivo constancia hoxe da desaparición da muller a través da Garda Civil. Uns minutos antes das 13:00 horas, os axentes solicitaban ao CIAE a colaboración da Unidade de Drons da Axega e dos cans de rescate da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón. Ademais, o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do GES e de Protección Civil de Lalín.
Deste xeito, os servizos de emerxencias se atopan na procura da muller desaparecida, nun operativo que coordina a Garda Civil.