miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Adxudicado o acondicionamento do espazo de debaixo da bancada do campo de fútbol da Fieteira para crear dous almacéns

Adxudicado o acondicionamento do espazo de debaixo da bancada do campo de fútbol da Fieteira para crear dous almacéns
Adxudicado o acondicionamento do espazo de debaixo da bancada do campo de fútbol da Fieteira para crear dous almacéns

A actuación foi adxudicada a Domínguez Arias e Hijos, SL, e supón un investimento de 28.506 euros

O Concello de Riveira informa da adxudicación das obras acondicionamento do espazo situado debaixo da bancada do campo de fútbol da Fieiteira. A intención desta actuación reside en crear dous almacéns destinados ao uso dos clubs que empregan esa instalación.

A actuación foi adxudicada a Domínguez Arias e Hijos, SL, e supón un investimento de 28.506 euros, cofinanciado cunha achega procedente de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O proxecto técnico, elaborado polo arquitecto municipal, prevé pechar e acondicionar dous dos cubículos existentes no lugar en cuestión, conformados pola propia sección da bancada e o desnivel entre os dous terreos de xogo. Ademais, vaise urbanizar a plataforma de acceso construíndo unhas escaleiras que salven o desnivel actual (+1,20 metros) e levantando un muro de contención ata esta cota. Tamén se disporá dunha barandilla de protección.

As novas dependencias terán unha superficie útil de 23,85 metros cadrados cada unha e unha altura superior aos 3 metros en máis do 80% da súa superficie.

Comentarios
Lo más