A amesá Nuria Rábano clasificada para a final do Mundial de fútbol feminino sub-20
Pese a non formar parte do once inicial, Nuria Rábano tivo ocasión de disputar os seus primeiros minutos no Mundial no último partido da fase de grupos que enfrontou a España contra EEUU
A selección española sub-20 deu onte un paso máis para intentar, por primeira vez na súa historia, gañar o Mundial de fútbol.
As rapazas de Pedro López derrotaron á anfitriona Francia por un axustado 0-1, logo de xogar en inferioridade a última media hora de partido e, incluso, deter un penalti no tramo final do partido.
A xogadora amesá, Nuria Rábano, forma parte da convocatoria dunha xeración de rapazas que está a conseguir grandes resultados nos últimos anos.
Pese a non formar parte do once inicial, Nuria Rábano tivo ocasión de disputar os seus primeiros minutos no Mundial no último partido da fase de grupos que enfrontou a España contra EEUU.
Un partido que rematou co resultado de 2-2 e que, logo da victoria conseguida fronte a Xapón na xornada anterior, amosaba o potencial da selección nacional pasando como primeira dun grupo no que estaban ás dúas grandes favoritas para levantar o trofeo.
De feito, a selección nipoa será a rival de España na final do próximo venres.